Etiquetas

Hay gente para todo (1133) Documentos (1043) ambiente (577) Tecnología (474) Música (360) Ciencia (329) Animales (270) Informática (189) Música para una cuarentena (86) Bicicleta (64) Humor (53) cocina (38) de viaje (22) Fotografía (19) Historia (18) Chapuzas (17) Opinión (11) arquitectura (9) Arte (8) Salud (8) Retro (4)

Panorama

Otras formas de ver el blog

Otras formas de ver el BLOG: TIMESLIDE / MOSAIC / FLIPCARD / SNAPSHOT

sábado, 5 de septiembre de 2015

A incrible historia de «Snow», o gato perdido en Burela que apareceu en Madrid

O dono pasou case todo o mes de agosto buscando á súa mascota. Ata que lle dixeron: «Busca en Google "gato perdido en Monte Castelo"»
I. Eiroa / LA VOZ, 05 de septiembre de 2015.
Snow chámase o gato dun sanitario e veciño de Burela que pasou case todo o mes de agosto buscando á súa mascota.
Aló polo día seis do mes pasado decatouse de que faltaba. Levárana á casa que restauraron en San Román de Vilastrofe, onde lle acondicionaron o cabazo, habilitándolle unha gateira para que puidera entrar e saír cando lle apetecera.
A touro pasado souberon que o gato marchara da casa. Algúns veciños cren que saíu detrás dos amos cando estes retornaron a Burela no coche, pero o minino parou antes de chegar a destino. Quedouse xunta o cemiterio novo de Burela, na Puída, onde a súa presenza, varios días seguidos, lle chamou a atención a un veciño de Madrid que pasaba por alí. Pensando que estaba perdido, recolleuno e levouno a unha clínica veterinaria burelense, á espera de que lle aparecera o dono. Transcorridos uns días, visto que ninguén o reclamaba, o madrileño recolleuno e levouno para a súa casa de Meco. Mentres tanto o seu lexítimo dono seguía buscándoo; a familia xa pensaba o peor: matouno o raposo. Contactaron cunha protectora de animais que, mira onde, lle sigue o rastro e conseguen localizalo en Madrid. Avisan ó dono: «Busca en Google "gato perdido en Monte Castelo", a ver si es».
Efectivamente, alí estaba a foto de Snow, posando moi espanzurrado no xardín da súa nova casa. Contactan entón co veciño de Madrid e este cóntalles a historia. «¿Lo puedo recuperar?» pregunta o dono.«¡Cómo no!» lle contesta. E ponse en marcha o operativo para devolver a Snow ó seu fogar. Encargouse de traelo un cuñado que vive en Bilbao e que non puxo obxección algunha en «achegarse» ata Madrid a recoller ó prófugo e traelo de volta a Burela onde aterrizou, según nos contan, como se non tivera pasado nada: espreguizouse moi contento e foise directo ó seu rincón, á cesta de capota na que adoita repousar.

No hay comentarios: