Etiquetas

Hay gente para todo (1135) Documentos (1044) ambiente (579) Tecnología (474) Música (360) Ciencia (331) Animales (272) Informática (189) Música para una cuarentena (86) Bicicleta (65) Humor (53) cocina (38) de viaje (22) Historia (20) Fotografía (19) Chapuzas (18) Opinión (11) arquitectura (10) Arte (8) Salud (8) Retro (4)

Panorama

Otras formas de ver el blog

Otras formas de ver el BLOG: TIMESLIDE / MOSAIC / FLIPCARD / SNAPSHOT

lunes, 13 de octubre de 2025

A firma galega que comercializa casas cápsula de China

A firma galega que comercializa casas cápsula de China abre a axenda para poder visitar unha por dentro no Grove
Pablo Penedo , LA VOZ / 
11 oct 202
A casa cápsula made in China coa que Caslua pretende ampliar o abano de posibilidades no mercado da vivenda e do alugueiro español vén de pasar dunha simple fotografía nunha páxina web e La Voz de Galicia a un espazo de 38 metros cadrados visitable no complexo hoteleiro Cons da Garda do Grove. A empresa distribuidora para España e Portugal, propiedade do matrimonio formado por Beatriz Castro, dona de Cons da Garda, e Antonio Luaña, recibiu a finais de setembro un módulo do fabricante asiático —o seu nome segue reservado por imperativo contractual—. O seu destino, servir de casa de exposición para todos aqueles interesados na súa adquisición, explican os promotores da chegada do produto inmobiliario á Península Ibérica.

Caslua instalou xa a súa casa cápsula de exposición no complexo
hoteleiro de Cons da Garda (O Grove) CEDIDA


A firma arousá abriu este mércores unha axenda para a solicitude de cita presencial, cun cento de potenciais compradores agardando tras contactar nos últimos catro meses vía telefónica ou correo electrónico, metade particulares, metade empresarios de cámpings. Os responsables da comercializadora manteñen a intención, declarada a finais de maio en La Voz no momento de dar a coñecer o seu novo produto, de que ninguén compre unha soa das súas vivendas sen antes ver por dentro o modelo en exposición.

As visitas comezarán o vindeiro luns, con posibilidade de reservar cita entre as 11 e as 19 horas calquera dos sete días da semana. Sempre, acompañado dunha persoa de Caslua, que exercerá de cicerone e, durante 60 minutos, explicará os pormenores da casa cápsula e atenderá calquera cuestión ou dúbida do potencial comprador.

A vivenda instalada no recinto do complexo hoteleiro Cons da Garda correspóndese ao modelo Casa Bluma, un dos seis construídos polo fabricante chinés que Caslua empezará a vender desde xa en España e en Portugal. Con 11,5 metros de longo, 3,3 de ancho e outros tantos de alto, dispón nos seus 38 metros cadrados de dormitorio, de baño con jacuzzi e dunha cociña, ademais dunha terraza aberta, coa opción de pechar esta última e pasar así a dispoñer tamén dun salón. Elaborada a base de aceiro, de aluminio e de madeira, o habitáculo presentado pola distribuidora galega, ten un prezo base de 73.000 euros, que pode acadar os 85.000 con todos os complementos a disposición do comprador, incluídos na súa totalidade na casa de exposición a piques de abrir. A domótica —control do acendido eléctrico e electrónico e dos elementos de luz natural—, aire acondicionado ou calefacción por chan radiante son algúns deses extras que poden chegar a elevar o custe da solución habitacional nun 16,4 %.

Desde Caslua vólvese salientar a polivalencia do seu produto, como primeira ou segunda vivenda, inmoble para alugueiro, alternativa ás tendas de campaña e cabanas tradicionais ou mesmo como saída rápida e fácil á falta de vivenda social, por canto se trata de habitáculos adaptables a todo tipo de espazos e conectables a calquera rede de abastecemento e enerxía, podendo ser mesmo autosuficientes. Módulos que poden conectarse entre si, gañando espazo ao ancho, e ao alto cunha segunda altura.

Antes de abrir a comercialización, a partir do vindeiro luns, este sábado, ás 17 horas, Caslua presentará en sociedade a súa casa cápsula a un grupo de empresarios. O acto, aclara Beatriz Castro, está limitado ás persoas con invitación, facendo fincapé neste punto, por canto «non imaxinas canta xente veu ata Cons da Garda aproveitando a Festa do Marisco por ver a noticia da cápsula en La Voz de Galicia», di.

No hay comentarios: